Sendeirismo na nosa Comarca

Sendeirismo na Illa Cortegada

Nivel de dificultade: Adecuado para todas as idades.
Duración: 3 km que se farán en 50 minutos.
Itinerario: Saída desde a praia do porto de viaxantes do parque Natural das Illas Atlánticas de Cortegada, a visita estará acompañada polos guias do parque que nos ensinarán as belezas e peculiaridades naturais e etnográficas do lugar.
Atractivos: Bañada polo rio Ulla, a illa de Cortegada atópase fronte a vila de Carril coñecida polos seus viveiros de ameixa. A illa de Cortegada está considerada o xardín botánico das illas Atlánticas e posúe o bosque de loureiro máis grande de Europa, con exemplares de mais de 13m de altura.
Sendeirismo na Illa Cortegada

Sendeirismo no Parque Natural de Carreiron

Nivel de dificultade: Adecuado para todas as idades.
Duración: 4 km que se farán en 2 horas.
Itinerario: Saída desde a praia de Xastelas do parque Natural de Carreiron. Bordearemos o parque onde destacarán as belezas e peculiaridades naturais e etnográficas do parque (dunas, lagoa, gran variedade de aves, etc..).
Atractivos: Parque poboado por moito piñeiro baixo, rodeado por mar e con numerosas calas de area branca e augas limpas.
Sendeirismo no Parque Natural de Carreiron

Sendeirismo polos Muíños de Ribadumia

Nivel de dificultade: Adecuado para todas as idades.
Duración: 1 tramo 6 km desnivel 1% 2 horas.
2 tramo 5km desnivel 7% 3 horas.
Itinerario: Tramo 1 salida desde la rotonda de la vía rápida de Ribadumia.
Atractivos: O camiño transcorre á beira dun regato que está cheo de antigos muíños de auga.
Sendeirismo polos Muíños de Ribadumia