Presentación da nosa Empresa

   Piragüilla é unha empresa dinámica e familiar con domicilio na Illa de Arousa que se dedica a ofrecer actividades relacionados co turismo náutico e outras actividades que permiten ó visitante descubri-lo noso entorno natural.

As nosas actividades van dirixidas a tódalas persoas que queiran disfrutar dun momento agradable pero tamén a todolos colectivos como poden ser colexios, minusválidos, discapacitados, hoteis, axencias de viaxes, etc.

   Ó dia de hoxe, con varios anos de experiencia, sentímonos capaces de poñer á súa disposición un gran abano de actividades apaixoantes, todo iso cunha atención persoalizada en contacto con vostedes durante a súa estancia e usando para iso o galego, o castelán ou o inglés. O obxetivo que queremos alcanzar a través das nosas actividades é promover o respecto polo medio ambiente e o medio mariño cun achegamento á fauna e á flora que se encontran cada vez máis castigadas polo home.

   Invitámoslle a converterse nun viaxeiro e a intercambiar novas experiencias e emocións cas nosas xentes e a nosa terra. Acollemos a toda persoa que queira disfrutar do entorno natural con actividades náuticas como rutas en piraguas-kayaks de 1 ou 2 prazas, Mergullo de Superficie (Snorkel), pero tamén con actividades máis tradicionais como por exemplo excursións a pé ou rutas en bicicletas.
Illa do Areoso  Parque de cultivo de mexillón  Praia do Bao  Paseo marítimo do Cantiño