Mergullo de Superficie (Snorkel)

   O Snorkel ou mergullo de superficie consiste en equiparse dunha máscara, un tubo e unhas aletas e opcionalmente un traxe de neopreno máis que aconsellable se a auga esta fría e observar as peculiaridades do fondo do mar. Ofrecémoslle unha das mellores formas de gozar deste paraíso natural.

   Para realizar a actividade desprazarémonos ata a illa. O percorrido durará apenas uns 15' minutos en kaiak. Unha vez chegados no lugar, poderemos iniciar o percorrido, baseado na recomendación dos monitores que nos acompañarán e que intentarán que a nosa experiencia sexa única e inesquecible.
Mergullo de Superficie (Snorkel)