![]() Benvidos á nosa Web Se queres pasar un día divertido, bañarte e disfrutar de paisaxes que só poderás coñecer dende o alto dunha embarcación,
as piraguas kayak son a mellor opción.
PIRAGÜILLA acolle a todos aqueles que queiran disfrutar do entorno natural dun xeito sinxelo, divertido e seguro. O kayak é o medio ideal para acercarse e observa-la natureza, xa que nos permite o descubrimento de zonas inaccesibles dende outros medios así como o pracer de bañarnos no mar ou nun río. Pasear en piraguas auto-vaciables pola Ría de Arousa é unha experiencia única, que che permitirá pasar un día en contacto directo ca natureza. Sen presas e sen estrés disfruta tranquilamente do entorno. Descubre os recunchos máis espectaculares das ribeiras do río Umia e outros paraísos naturais, cheos de vexetación e
fauna en completa harmonía co medio. A travesía en augas tranquilas non require experiencia previa e trátase dunha actividade ideal
se tes nenos e queres disfrutar con eles dun día en kayak.
|