Experiencia e Seguridade

A Nosa experiencia:
   Tódalas actividades están dirixidas por Monitores Titulados pola Federación Española de Piragüismo, con moitos anos de experiencia no desenvolvemento deste tipo de actividade. Ademais, todos dispoñen dun seguro de responsabilidade civil.
Loxística:
   Dispoñemos de todo o material necesario para a práctica en total seguridade de tódalas actividades náuticas.
  • Chalecos Salvavidas
  • Lancha de apoio
  • Botiquín de primeiros auxilios
  • Piraguas K1(unha praza) e K2(dúas prazas)
¿Quen pode realiza-la actividade en piragua?
   Esta actividade está dirixida a empresas, colectivos e grupos de particulares (Adultos e menores acompañados polos seus titores legais)
Temporalidade:
   O turismo náutico pódese practicar todo o ano sendo un factor determinante para a seguridade unhas condicións climatolóxicas axeitadas.
Normas e consellos:
  • Os nenos deben ir sempre acompañados por un adulto e deben levar posto o seu chaleco salvavidas durante todo o percorrido.
  • É condición imprescindible saber nadar. A roupa debe ser, sobre todo, cómoda: bañador, camiseta, toalla, pantalón deportivo... Para os teus pés o ideal son unhas sandalias ou calquer calzado que se poida mollar. Durante o verán, recomendamos o uso de protector solar e unha gorra.
  • Poñemos á súa disposición un monitor que lle axudara na saída. Aconsellaralle nos detalles do percorrido, enseñáralle a remar, como debe sentarse nas canoas e outros consellos útiles.
  • No caso de que as condicións climatolóxicas cheguen a ser tan adversas que non sexa aconsellable realizar a actividade, esta suspenderáse e o importe do alquiler será devolto ós nosos clientes.
  • Non olvides a tua cámara de fotos (sumerxible), terás a oportunidade de observar espazos marabillosos dos que che gustará ter un grato recordo.